A acollida é a porta de entrada a Cáritas. É tempo e espazo de encontro, cunha actitude aberta, unha forma de organización… É diálogo entre as persoas que acuden á nosa oficina e o noso voluntariado. Estamos aquí para escoitarte e para tender unha man. Por iso, a través do noso programa de acollida e atención primaria queremos colaborar na promoción de cada persoa e familia, para que todos poidamos:
1. Disfrutar das propias capacidades e recursos.
2. Superar as situacións de desvantaxe e,
3. Exercer en plenitude os propios dereitos e obrigas.
Durante todo este proceso trabállase en rede cos diferentes axentes dos servizos de Cáritas ou doutras Institucións.
O horario de atención é luns pola tarde de 17.00h a 19.30h. Para calquera motivo de urxencia Cáritas pon á túa disposición un teléfono de contacto: 633392477
Tamén se pode usar o seguinte formulario: