Eres unha persoa apaixoada da cociña? Interesache coñecer outras culturas coas que convivimos?
Cáritas Riveira organiza o obradoiro Cociñas do mundo: Marrocos, o cal terá lugar entre o 28 de novembro a o 2 de decembro polas tardes en horario de 16:30 a 19:00 (hora aproximada de peche)
Nestas xornadas coñeceremos o legado de sabores doces e salgados que nos regala a gastronomía de Marrocos, a través de diferentes pratos principais e postres.
Inscripcións abertas a toda a poboación ata completar aforo na oficina de Cáritas Riveira, no teléfono 633392477 ou no seguinte formulario.