Como parte do seu compromiso e solidariedade, e como broche final antes de embarcarse na parte práctica, no dia de hoxe o alumnado do curso de Camareiro/a de restaurante-bar puxo en práctica os coñecementos adquiridos ó longo destas semanas teóricas, e quixeron invitar a achegarse ó espazo de formación ás familias ucranianas que residen actualmente no concello de Ribeira.
A través de cafés ó gusto e doces típicos, crearon un ambiente propicio para o diálogo e a conversa, onde tivemos a oportunidade de coñecernos mellor. Tanto as familias, coma o voluntariado, e as técnicas do departamento de servicios sociais que tamén aceptaron a invitación, agradeceron o trato recibido por parte dos futuros profesionais da hostalaría.
Houbo quen repetiu, consideramos isto boa señal e desexámoslle ó alumnado un bo inicio de prácticas.




