Dende Cáritas Parroquial de Riveira entendemos a formación como un piar esencial de cara ó noso compromiso contra a pobreza e a exclusión social. As accións formativas postas en marcha no 2021, así como a alta demanda de formación por parte das persoas participantes nos programas da nosa entidade, pon de manifesto a necesidade de dar continuidade a esta liña de traballo pola que vimos apostando nos últimos anos. O conxunto de todas as nosas intervencións, principalmente formación e cobertura de necesidades básicas, encamiñannos cara o mesmo obxectivo: promover o desenvolvemento da autonomia e empoderamento das persoas coas que traballamos.
Ademais, dende a nosa entidade pretendemos que a formación responda ás necesidades que plantexan as empresas e a realidade laboral da nosa comarca, así como ofrecer a oportunidade de desenvolver prácticas profesionais non laborais en entornos de traballo reais, polo que brinda ás persoas participantes posibilidades reais de contratación.
Entre as diferentes iniciativas postas en marcha, destacamos as seguintes:
– Por unha banda, levouse a cabo o curso de Dependente de Comercio, onde 15 persoas se formaron un total de 200 horas (100 teóricas e 100 prácticas), cun alto porcentaxe de inserción laboral e seguindo a senda xa marcada por cursos anteriores.
– Obradoiro de Cociña Básica e Obradoiro de Repostería Caseira, onde o protagonismo non só xirou arredor dos coñecementos de cociña manexados, senon en xerar oportunidades de desenvolvemento de habilidades sociais, así como poñer en valor os coñecementos das nosas voluntarias. En cada obradoiro, que tamén contaron con arredor de 15 participantes, elaboráronse dende algúns dos pratos máis representativos da nosa comunidade como o polbo á feira ou as filloas, ata unha demostración da cociña marroquí e senegalesa.
Cara o vindeiro ano, non só queremos poder dar continuidade ás pequenas accións postas en marcha, senon que procuraremos xerar o maior número de oportunidades para favorecer a inclusión social, establecendo lazos cos diferentes axentes da nosa comunidade para así construir unha sociedade máis equitativa e solidaria.