A Asociación Ámbar pon en marcha o curso Operacións auxiliares de elaboración na industria alimentaria, que constará de 340 horas de formación (220 teóricas e 120 de prácticas; fase teórica de xaneiro a abril – fase práctica de abril a xuño). Realizarase de xeito presencial (no propio centro de recursos de Ámbar en Ribeira) en horario de 10:00 a 14:00 e durante ao redor de 3 meses (fase teórica), máis mes e medio de prácticas en empresa.
REQUISITOS:
- Idade comprendida entre os 16 e 30 anos
- Inscripción no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil
- Discapacidade recoñecida igual ou superior ó 33%
Inscricións en: orientacion@asociacionambar.org ou no teléfono 981 87 44 80