Curso Operario/a de Limpeza e desinfección – 2023
Esta semana demos comezo á acción formativa de Operario/a de Limpieza e desinfección, financiado pola Consellería de Política Social (Programa…
Pois, como pode estar o amor de Deus naquel que, tendo moitos bens deste mundo e vendo pasar necesidade ó irmán, lle cerra as entrañas?
(1Xn 3, 17)
A aceptación do primeiro anuncio, que convida a deixarse amar por Deus e a amalo co amor que El mesmo nos comunica, provoca na vida da persoa e nas súas accións unha primeira e fundamental reacción: desexar, buscar e coidar o ben dos demais.
Entre todos temos que ir pechando un novo estilo de vida para dar solucións aos problemas que se nos presentan, sobre todo os relacionados cos máis necesitados e empobrecidos.
A acollida é a porta de entrada a Cáritas. É tempo e espazo de encontro, cunha actitude aberta, unha forma de organización… É diálogo entre as persoas que acuden á nosa oficina e o noso voluntariado. Estamos aquí para escoitarte e para tender unha man. Por iso, a través do noso programa de acollida e atención primaria queremos colaborar na promoción de cada persoa e familia, para que todos poidamos:
1. Disfrutar das propias capacidades e recursos.
2. Superar as situacións de desvantaxe e,
3. Exercer en plenitude os propios dereitos e obrigas.
Buscas traballo? Nesta sección trataremos de publicar todas as ofertas de emprego que cheguen ao noso coñecemento.
Esta semana demos comezo á acción formativa de Operario/a de Limpieza e desinfección, financiado pola Consellería de Política Social (Programa…
Eres unha persoa apaixoada da cociña? Interesache coñecer outras culturas coas que convivimos? Cáritas Riveira organiza o obradoiro Cociñas do…
Camiñar sabendo que cada paso é unha aportación solidaria cara os máis desfavorecidos supón un serio compromiso. A vida está…
Como parte do seu compromiso e solidariedade, e como broche final antes de embarcarse na parte práctica, no dia de…
Nortempo selecciona Dependente/a para establecemento situado en Ribeira. Requisitos: Dispoñibilidade para traballar en turno partido Boa presencia e habilidades de…
Asociación Ambar abre proceso de selección para o posto de Profesional de apoio a persoas con diversidade. Data límite de…
Desde Cáritas Parroquial de Riveira poñemos en marcha o Curso de Operacións Básicas de Restaurante-bar, para o cal están abertas…
A aula Cemit de Ribeira propón as seguintes actividades formativas para os meses de febreiro-marzo.
Luns de 17.00h a 19.30h
A acollida é a porta de entrada a Cáritas. É tempo e espazo de encontro, cunha actitude aberta, unha forma de organización… É diálogo entre as persoas que acuden á nosa oficina e o noso voluntariado. Estamos aquí para escoitarte e para tender unha man. Por iso, a través do noso programa de acollida e atención primaria queremos colaborar na promoción de cada persoa e familia, para que todos poidamos: 1. Disfrutar das propias capacidades e recursos. 2. Superar as situacións de desvantaxe e, 3. Exercer en plenitude os propios dereitos e obrigas.
Luns de 17.00h a 19.30h
Venres de 09.30h a 11.30h
Continuando coa liña de acción marcada a través do
Programa de Cobertura de necesidades básicas, o banco de alimentos realiza
repartos semanais de alimentos non perecedeiros (pasta, arroz, legumes,
conservas, leite, cacao, productos de almorzo…), así como outros productos de
alimentación e hixiene según disposición ás familias beneficiarias. Ademais,
contamos con campañas especiais como a Recollida de alimentos para o Nadal.
Xoves de 17.00h a 19.00h
Ao igual que co banco de alimentos, o roupeiro solidario contribúe a que as familias con
dificultades económicas podan cubrir as súas necesidades básicas, en este caso
de roupa e calzado. O noso voluntariado realiza actividades de selección, reciclaxe, clasificación e atención ás persoas beneficiarias.
O programa Chanela comezou a sua andadura no ano 2019, sendo unha iniciativa de carácter integral onde se tratan diferentes áreas da vida cotiá como saúde, vivenda, ocio e tempo libre; pero poñendo énfase no desenvolvemento de habilidades de xestión económica, emprego e formación, entendendo estas como parte indispensable para empoderar ás persoas e fomentar a súa autonomía. O programa, enfocado cara mulleres de etnia xitana, tivo unha gran repercusión positiva tanto entre as participantes como no equipo, principalmente pola mellora na calidade de vida das familias beneficiarias.
No ano 2021, como resposta das demandas de formación
por parte das familias inmigrantes, empregamos unha metodoloxía de traballo similar á de Chanela para poñer en marcha o Programa Maerefa. Con isto, buscamos fomentar a
participación social e a igualdade de oportunidades, de forma que tanto a
persoa como os seus aprendizaxes sirvan de motor de cambio para as súas
familias e a comunidade.
Comunicarse no idioma do país de acollida é importante para calquer extranxeiro, tanto para adaptarse ó sistema educativo como para insertarse no mundo laboral. Co fin de axudalos no proceso de integración e na procura de emprego, dende a nosa entidade confórmanse varios grupos nos cales se imparte español para inmigrantes a diferentes niveis, gracias ao noso voluntariado. Para inscribirse só é preciso para acgeharse ao despacho de Cáritas.
Cáritas dirixe unha parte esencial da súa actividade á sensibilización. É necesario impulsar a solidariedade no conxunto da sociedade e da comunidade cristiá. É moi difícil atopar unha resposta humanitaria ás emerxencias se non somos sensibles ante as situacións de risco que se declaran no noso entorno ou en calquera rexión do mundo.
Dentro dos programas de formación
Mellorar a empregabilidade a través da formación
laboral convírtese nun dos obxetivos principais da nosa entidade. Por isto, e
tendo en conta as necesidades do texido productivo da nosa comarca, buscamos
cursos que podan facilitar a incorporación ó mundo laboral de perfiles con
maior dificultade de inserción, e preferiblemente que lle permitan realizar
prácticas en entornos laborais reais.
Familias beneficiarias dos diferentes servicios de Cáritas
Voluntarios e colaboradores de Cáritas
Servicios que ofrece Cáritas
Atendemos ás familias que acoden a nós en solicitude de axuda e saímos ao encontro de quen nos necesita. Pero non podemos facelo sen ti.
Necesitámosche para axudar ás persoas en situación de vulnerabilidade, pobreza ou exclusión social. Voluntarios, profesionais, socios, axudas puntuais, … Entre todos creamos proxectos, ofrecemos esperanza e loitamos por unha verdadeira erradicación da pobreza.
O fin último é a promoción de cada persoa e de cada familia. Contigo é posible.
Cáritas ofrece, ás persoas en situación de desemprego, orientación, formación e acompañamento dentro dun itinerario personalizado para mellorar as súas posibilidades de reincorporarse ao mercado de traballo.
As persoas atópanse en momentos diferentes no seu proceso persoal e familiar, e poden ter necesidades diversas en relación á inserción laboral. Por iso, desde Cáritas, ofrecemos un abanico de recursos adaptados ás diferentes situacións que hai que afrontar: coñecemento da lingua castelá ou a alfabetización básica, relación coas empresas, determinados cursos en relación á demanda que hai na zona,…
¿Queres coñecer a laboura de Cáritas? Suscríbete a "Amaos", o noso Boletín Anual de Noticias
633392477
caritasriveira@gmail.com
educadora.caritasriveira@gmail.com
Porta do Sol 10
15960 Riveira
A Coruña