Durante todo o ano 2021, moitas persoas (socios, donantes e colaboradores), Empresas, Comercios, Colexios, Clubs Deportivos, Concello de Ribeira (Concellalía de cultura, Alcaldía, Comisión de goberno), e outras Entidades coas que traballamos en rede (Servizos Sociais, Cruz Vermella, Ice Renovación, Boas noticias), fixeron posible que a acción de Cáritas fose máis productiva, máis humana, máis comprometida, e con máis capacidade de recursos económicos indispensables para a acción Social.
Tamén debemos valorar a acción dos voluntarios é voluntarias, (recursos humanos indispensables) pola súa entrega é dedicación gratuíta e comprometida a favor dos nosos veciños máis desfavorecidos.
Durante todo o ano colaboraron económicamente ou con productos, empresas como IGNACIO GONZALEZ MONTES, CONGALSA, FARMACIA DE SANMAMED, FARMACIA ENGUIX, BASOÑAS MAR, COFRADIA DA DORNA, COFRADIA DE PESCADORES, LONXA DE RIBEIRA, CARLA AND COMPANY ASSETS S.L., CLINICA DENTAL DR FRUTOS, CLINICA DENTAL GONZALO LOPEZ CASTRO, ESTANCO PICHER, GUDE ARMADORES S.A., FIGORIFICOS DEL NOROESTE, FRUTERIA BARBANZA, GIMNASIO CORPUS FITNES, GINNASIO NATURAL SPORT, PASTELERIA FINA, SERDECO CONTRATAS S.L., PELUQUERIA ACADEMIA YARA, DECOR LUX-GAGO E HIJOS S.L., RESTAURANTE CLUB NAUTICO E COMERCIOS COLABORADORES na donación de obxectos de regalo para o sorteo de nadal (que relacionamos no listado de rifas premiadas).
En este mes de Decembro levouse a cabo a Campaña de recollida de alimentos nos Supermercados (FROIZ, GADIS, DIA, EROSKI, ULTRAMARINOS MARI CARMEN, CLAUDIO CORRUBEDO, GINNASIO NATURAL, COLEGIO BAYON, COLEGIO LA MILAGROSA, CLUB DE FUTBOL “CIDADE DE RIBEIRA” E CONCELLO DE RIBEIRA), o que supuxo un éxito, alcanzando unha cifra aproximada de tres mil kilos.
Non podemos esquecer a persoas particulares e Empresas que donaron importantes cantidades de alimentos e que queren permañecer no anonimato.
A TODOS, MOITISíMAS GRAZAS.